01/07/12

Piano para nós

01/07/12

Hai músicas que empezan alí onde se acaban as palabras. Hai artistas capaces de crear ou facer sonar esas músicas. E hai recordos que merecen a súa propia banda sonora. Coma os nosos recordos.


A primeira vez que a escoitei iamos camiño de Baroña. Pareceume unha música doce, tranquila, suave. Despois souben que a que tocaba ese piano era unha de vós. Sorrín, reafirmándome na miña idea. 

Ás veces, cando alguén me pregunta a que me dedico na vida e lle digo que son profesor, moitos negan coa cabeza e suspiran agobiados: "buf, pois eu tal e como son os rapaces hoxe en día, non me cambiaría por ti". Sempre teño a mesma resposta para estas persoas: "Equivócaste. Precisamente o mellor desta profesión son os rapaces"

Desde hai tempo descubrín que o mellor de traballar con adolescentes é o moito que podes aprender deles: humildade, tesón, esforzo, alegría, compromiso, amizade, esixencia...  En moitos casos, non importa que sexades tan novos: simplemente, mellorádesnos. Por iso sempre é un motivo de alegría e admiración comprobar como aproveitades o voso tempo, ver que aprendedes a facer cousas útiles en vez de acomodarvos no sofá, que tedes ganas de saber e mellorar, e que cada día aprendedes a medrar a base de esforzo, ilusión, humildade e moitas horas ensaiando naquilo que vos gusta: na música, no deporte, na lectura, nos idiomas ou no que sexa que nos mellore. Este curso tiven moitos alumnos como Silvia, igual que os tiven sempre alí onde me tocase estar. Por iso, para min non hai nin unha dúbida: é unha sorte e un pracer poder traballar con vós e para vós. Sodes exemplo. E só espero que nunca desistades, porque a chave dos vosos logros, será sempre a perseverancia. Insistide... e chegaredes.

Recibe os contidos no teu correo

10 comentarios

  1. Paula1/7/12

    Como che saen todas esas palabras profe?
    Tes razón en todo o que puxeste ahí.Encantame a frase esa de que o mellor de ser profesor somos os rapaces :)
    Silvia e eu puxemos moito empeño no reto que nos puxeste,e notouse,ou non?

    ResponderEliminar
  2. Vaia: nótase e salta á vista! (e ao oído). Sodes uns cracks.

    Insisto: o mellor sempre sodes vós. Nunca deixedes que vos digan o contrario cando poñedes todo da vosa parte. Seguide medrando e sorprendéndonos. Fai moita falla que nos melloredes...

    ResponderEliminar
  3. Silvia1/7/12

    Puf, estou sin palabras.
    Certo, puxemos moito empeño e esforzo, e pasamolo moi ben gravando, sobre todo, nas "tomas falsas" jajaja.
    Crack érelo ti profe, tal e como escribes *.*
    Por certo, sigue en pé o de gravar "Someone like you",Paula? jeje :)

    ResponderEliminar
  4. Samantha2/7/12

    INCREIBLE SILVIA!! Eres unha auténtica crack!! Sigue asi :)

    ResponderEliminar
  5. Lucía P2/7/12

    Wooooo, mima Silvia... de mayor quero ser como ti!
    Como fas eso? Eu tamén quero... pero eu quero co violín jejeje
    Cada vez que escoito esta canción póñenseme os pelos de punta, pero o mellor de todo, o final, era moita tentación poñelo, non? :P
    Silvia eres GRANDE! :D

    ResponderEliminar
  6. Lucía Otero2/7/12

    Increíble eu tamen estou sin palabras tanto polo que fai silvia como pola tua forma de escribir profe xente coma ti animanos a loitar polo que queremos e fai que o bo das persoas se resalte deixando atras os nosos defetos

    ResponderEliminar
  7. Todo mérito de Silvia!
    Para cando un concerto en Vilalonga?

    ResponderEliminar
  8. Silvia2/7/12

    Lucía P, si queres tocar o violín,apúntate! Recorda, que nunca é tarde :)
    Jaja, o do concerto estaría ben... pero a min dame moita vergonza tocar en público!!

    ResponderEliminar
  9. Samantha3/7/12

    Silvia, tal e como tocas non te ten que dar ningunha vergonza tocar en público. ¡¡XA LLE GUSTARÍA A MOITA XENTE TOCAR COMO TI!! :)

    ResponderEliminar
  10. David Güimil3/7/12

    Silvia, eu xa cho dixera en 2º e repitocho ahora, PERFECTO.
    Música BELLA, INCREIBLE, EMOCIONANTE, pedinche a canción e todo de tanto que me gustou, TI SI QUE VALES!
    Mereces moito esta entrada no blog, Felicidades Silvia, e sigue así ;)

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK