Saltar ao contido principal

A nosa Xeografía, en vídeo

Xeografía. s.f. 1. Ciencia que estuda a superficie terrestre no aspecto físico (relevo, cursos de auga, clima, etc.) e nos que se derivan da relación do home co medio (asentamentos humanos, poboación, actividades económicas). Un libro de Xeografía. Xeografía económica. As nosas clases de Xeografía.
Clic para ver!


Cada curso é unha vida que engadir á mochila. Este, enchéunola de cousas boas. 
Para que non se perdan na atravesada Xeografía da memoria, 
neste clip poderemos revivilas sempre que faga falla...
Bo verán!

*A música orixinal pertence á banda Bon Jovi. Utilizamos o seu "It's my life" sen ningún ánimo de lucro, como todo o blog; única e exclusivamente coa intención de ligar o vivido á toda a forza e a enerxía positiva que transmite o tema.

Comentarios

  1. Lucía P8/7/12

    Dios, a música cárgache as pilas completamente :)
    Puf, non sei que decir... Que bonito!! Jeje
    Non me salen palabras, em... que espero que non te olvides de nós (sobre todo das Sugus), e que... este vídeo e un detallazo profe!!
    Non sei que decir jeje... que oxalá esteas cómodo e ben no novo instituto, en Tui, non? E que nós nunca te olvidaremos nin os momentos pasados todos xuntos!
    En serio, estou sin palabras.
    Mmm, sei que son moi poucas pero resumireino en dúas palabras... MOITÍSIMAS GRACIAS!!

    ResponderEliminar
  2. Lucía Otero e Paula9/7/12

    Increíble,un regalo impresionante cando xa parece que o curso rematou e xa nunca volveremos atras ti profe fasnos revivir no curso e volvemos a pensar na nosa primeira clase.Gracias outra vez por ser así bo verán para ti tamen e cada vez estamos máis seguras de que nos veremos antes do que pensamos.

    ResponderEliminar
  3. Samantha10/7/12

    A verdade é que eu tamén estou sen palabras. O vídeo é moi bonito e ao velo lembreime de todo o que pasou este grupo xunto :)
    Viñéronme as bágoas aos ollos e xa non sei que dicir jeje.
    Eu creo que a ningún profesor se lle ocorrería facerlle esto aos seus ex alumnos e iso é o que o fai tan especial. Oxalá disfrutes no teu novo instituto. MOITÍSIMAS GRACIAS!! :)

    ResponderEliminar
  4. Silvia10/7/12

    O.O Xenial! Que recordos, a verdade e que o curso rematou voando, e con estas imaxes, podemos revivilo de novo :) Digo o mesmo, e seguro que o pasarás xenial con outros rapaces, como nos o pasamos contigo :D Sigo pensando que o de quedar un dia non é mala idea ^^

    ResponderEliminar
  5. Alégrame que vos guste! Xa sabedes que non me olvido.

    Tiña moito material para facer un vídeo, e tamén moitas ganas de darlle a ese material un pouco da vida que o fixo posible.

    Esta foi unha clase na que houbo oportunidade para todo o bo: para aprender, para rir, para traballar, para viaxar, para sorprender, para relacionar cousas... e na que a complicidade e o afecto eran cada vez máis grandes e ademais mutuos. Non sempre é posible, pero entre todos deberíamos lograr que todas as clases tivesen un ambiente produtivo e sano como o que construímos nós. Sempre se gaña así. De aí o vídeo, que non é máis que o reflexo dese ambiente e dalgunhas das nosas vivencias xuntos... que tamén son un pouco coma os Sugus: vivencias pequenas, doces, envoltas en cor.

    Ata pronto! Non?

    ResponderEliminar
  6. Nerea12/7/12

    Profe!! Encantame o video, desde o primeiro segundo non se me borrou o sorriso da cara nin sequera un isntante, eses recordos que nunca esqueceremos fixeronme lembrar de novo todo o que pasou este ano (o xogo que nos fixeches na clase, a viaxe ao castro de Baroña, as postales que che enviamos as sugus desde París...) Vamos a botarte moito de menos profe, e sobre todo vamos a botar de menos os teus chistes malos jajaja Por outra parte, estou de acordo con Silvia, hay que quedar un día e facer unha merendola todos xuntos para pasalo ben recordando este curso, que como dixo Silvia, pasou voando

    ResponderEliminar
  7. A min pásame o mesmo, Nerea: imposible non sorrir. En canto ao da merendola, iso está feito. Cando queirades.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!