Xeografía. s.f. 1. Ciencia que estuda a superficie terrestre no aspecto físico (relevo, cursos de auga, clima, etc.) e nos que se derivan da relación do home co medio (asentamentos humanos, poboación, actividades económicas). Un libro de Xeografía. Xeografía económica. As nosas clases de Xeografía.
Clic para ver!
Clic para ver!
Cada curso é unha vida que engadir á mochila. Este, enchéunola de cousas boas.
Para que non se perdan na atravesada Xeografía da memoria,
neste clip poderemos revivilas sempre que faga falla...
Bo verán!
*A música orixinal pertence á banda Bon Jovi. Utilizamos o seu "It's my life" sen ningún ánimo de lucro, como todo o blog; única e exclusivamente coa intención de ligar o vivido á toda a forza e a enerxía positiva que transmite o tema.
Dios, a música cárgache as pilas completamente :)
ResponderEliminarPuf, non sei que decir... Que bonito!! Jeje
Non me salen palabras, em... que espero que non te olvides de nós (sobre todo das Sugus), e que... este vídeo e un detallazo profe!!
Non sei que decir jeje... que oxalá esteas cómodo e ben no novo instituto, en Tui, non? E que nós nunca te olvidaremos nin os momentos pasados todos xuntos!
En serio, estou sin palabras.
Mmm, sei que son moi poucas pero resumireino en dúas palabras... MOITÍSIMAS GRACIAS!!
Increíble,un regalo impresionante cando xa parece que o curso rematou e xa nunca volveremos atras ti profe fasnos revivir no curso e volvemos a pensar na nosa primeira clase.Gracias outra vez por ser así bo verán para ti tamen e cada vez estamos máis seguras de que nos veremos antes do que pensamos.
ResponderEliminarA verdade é que eu tamén estou sen palabras. O vídeo é moi bonito e ao velo lembreime de todo o que pasou este grupo xunto :)
ResponderEliminarViñéronme as bágoas aos ollos e xa non sei que dicir jeje.
Eu creo que a ningún profesor se lle ocorrería facerlle esto aos seus ex alumnos e iso é o que o fai tan especial. Oxalá disfrutes no teu novo instituto. MOITÍSIMAS GRACIAS!! :)
O.O Xenial! Que recordos, a verdade e que o curso rematou voando, e con estas imaxes, podemos revivilo de novo :) Digo o mesmo, e seguro que o pasarás xenial con outros rapaces, como nos o pasamos contigo :D Sigo pensando que o de quedar un dia non é mala idea ^^
ResponderEliminarAlégrame que vos guste! Xa sabedes que non me olvido.
ResponderEliminarTiña moito material para facer un vídeo, e tamén moitas ganas de darlle a ese material un pouco da vida que o fixo posible.
Esta foi unha clase na que houbo oportunidade para todo o bo: para aprender, para rir, para traballar, para viaxar, para sorprender, para relacionar cousas... e na que a complicidade e o afecto eran cada vez máis grandes e ademais mutuos. Non sempre é posible, pero entre todos deberíamos lograr que todas as clases tivesen un ambiente produtivo e sano como o que construímos nós. Sempre se gaña así. De aí o vídeo, que non é máis que o reflexo dese ambiente e dalgunhas das nosas vivencias xuntos... que tamén son un pouco coma os Sugus: vivencias pequenas, doces, envoltas en cor.
Ata pronto! Non?
Profe!! Encantame o video, desde o primeiro segundo non se me borrou o sorriso da cara nin sequera un isntante, eses recordos que nunca esqueceremos fixeronme lembrar de novo todo o que pasou este ano (o xogo que nos fixeches na clase, a viaxe ao castro de Baroña, as postales que che enviamos as sugus desde París...) Vamos a botarte moito de menos profe, e sobre todo vamos a botar de menos os teus chistes malos jajaja Por outra parte, estou de acordo con Silvia, hay que quedar un día e facer unha merendola todos xuntos para pasalo ben recordando este curso, que como dixo Silvia, pasou voando
ResponderEliminarA min pásame o mesmo, Nerea: imposible non sorrir. En canto ao da merendola, iso está feito. Cando queirades.
ResponderEliminar