Saltar ao contido principal

Anotacións sobre un exame

Estou coma vós: a tope de exames. Primeiro para deseñalos, e despois para corrixilos. Esta semana ando na segunda fase: ler probas, valorar, puntuar e facer anotacións. Estando nun descanso, entre exame e exame, reparei durante uns segundos no aspecto da mesa, repleta de folios, libros, bolígrafos, cadernos e demais trebellos. 

Foi nese mesmo instante cando me veu á mente a imaxe da nova web de Arturo Pérez-Reverte, Anotaciones sobre una novela, e tamén o xogo de imitala, como unha expecie de homenaxe a un autor que admiro. Porque nesa páxina (clic no nome para vela), hai unha fermosa foto de cabeceira na que se pode ver a mesa de traballo do novelista impregnada do seu oficio. Así que a foto que comparto hoxe con vós, que é miña, aínda que real, tamén é un pouco un xogo de ficción. Un xogo que en realidade é un guiño ou chiscadela por partida dobre: primeiro, ao magnífico escritor de novelas; e segundo, aos indomables escritores de exames (estes sodes vós). 

Sigo lendo. Moita sorte e ánimo. Xa queda menos.

Comentarios

  1. Sandra1/6/12

    MOITO ÁNIMO A TODOS!!!! Dúas fotos cunha composición moi bonita, tanto a de Reverte coma a túa Miguel.Vése que hai moito traballo nesas mesas! pero o esforzo duns e doutros merece a pena sempre!!

    ResponderEliminar
  2. Que recordos desas increibles puntuacións e anotación en vermello. E das palabras mal escritas, que restaban jaja
    A forma de poñer e organizar as preguntas nos exames sempre me pareceu unha das máis axeitadas. Así da gusto caramba!

    ResponderEliminar
  3. Pois alégrame que guste a foto, pero alégrame moito máis que traia bos recordos aos que me sufristes. Así si que dá gusto!

    Os exames que superamos son, case sempre, un pouco como as medallas de prata. Un logro menor, que co tempo pasamos a valorar máis, quizais porque entendemos que foron os pequenos chanzos que nos levaron (lentos pero seguros) ao lugar ao que chegamos. Así que ánimo: porque cada exame superado acércavos un paso máis a ese lugar que queredes para vós.

    ResponderEliminar
  4. marisa5/6/12

    ¡¡¡ánimo!!! a todos os que estades con exames, pelexade duro que merece a pena, logo é moi bonito ver os méritos acadados, deséxovos moita sorte a todos.

    ResponderEliminar
  5. Almuddena30/6/12

    E o meu examen
    jajajajaja
    no q ue tiña 20 tildes sn poñer

    ResponderEliminar
  6. Premio para Almudena! Porque, en efecto, ese era o teu exame. Contaba con que igual te dabas conta antes, pero... máis vale tarde cá nunca!

    Boas vacacións Almudena!

    ResponderEliminar
  7. Almudena3/7/12

    e k ainda nn vira esta entrada
    gracias profe tamen te dexexo unhas boas vacacions e k nn te olvides d este clase nunca xa que nos nn te vamos olvidar

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!