17/06/12

Aprendendo na pel (e na clase)

17/06/12

Foi un día especial para aprender xuntos algo moi importante, aínda que só fose un xogo. Para aprender que o mundo non é todo igual, e que nacer nun ou noutro lado é unha lotería que nos marca de por vida. O xogo pretendía precisamente iso: vivir, por un momento, a inxustiza dun mundo desigual. Coa gracia, obviamente, de que ninguén soubera nada do que naquela aula iades atopar.


Dentro, comida e mobiliario a esgalla, pero moi-moi-moi mal repartido. Fóra, estabades vós, a poboación, que fun enviando a cada lugar en proporcións exactas ás dos continentes no propio mundo. Empregando papeis de cores (Vídeo 1), para repartir a vosa sorte. Unha vez dentro, e superada a sorpresa inicial, vía libre! (Vídeo 2). Algún non o podía crer... estaban os que o tiñan todo, os que tiñan algo, e os que apenas tiñan nada. Foron catro ou cinco minutos para observar e tomar nota mentalmente das condutas que logo faríamos visibles e debatiríamos. Compartimos? Desprazámonos? Tentamos rapiñar? Conformámonos? Miramos con envexa? Sentímonos mal? (Vídeo 3). Tras un momento ao voso aire, paramos. Seguides comendo, pero empezamos a observar e razoar conxuntamente. Que é isto? Por que estas diferenzas? Que está pasando aquí? Fixamos detalles no encerado. Avanzamos xuntos na procura dunha explicación (Vídeo 4).  E pouco a pouco, cada vez con máis orde, imos enlazando cousas, empezando a achegar hipóteses. Son os pobres e os ricos? Somos os continentes? Estamos ordenados e repartidos dalgún xeito? Quen é quen? (Vídeo 5).

Por un momento, atamos cabos. Aquilo tiña un sentido lóxico. Tamén sorprendente. Durante uns segundos, creo que todos sentímonos máis preto da realidade de tantos e tantos habitantes. Concluímos que o mundo é diferente, e que nacer nun ou noutro lado só depende do azar, porque nunca é unha elección propia. Comprobamos o difícil que é desprazarse e separarse dun entorno. E o duro que se fai medrar sabendo que terás menos oportunidades. Valoramos o inxusta que pode ser esa sorte da que despois depende a vida... E acabamos compartíndoo todo. Porque así debera ser tamén aí fóra: onde ninguén é dono de onde  nace.

Por suposto, só era un xogo. Pero gustaríame que non o esquezades. Que vos poñades no lugar dos demais. E que pensedes na sorte que tivemos por nacer aquí. Agora, tócavos aproveitar esa sorte. E sei que o faredes. GRAZAS a todos. Nereas, Lucías, Silvia, Paola, Samantha, Paula, David, Marcos, Almudena, Laura, Isabel, Alejandro, Roberto, Adrián, Inés, Fany, Andrea e Marlene. Por esta clase. E polo curso enteiro. Inesquecible.

Recibe os contidos no teu correo

22 comentarios

  1. Aínda non esquecín este xogo e xa fai uns anos que o fixemos en Meira, tocárame ser Africano, co papel negro e un prato cuns poucos cacahuetes...
    Por certo Miguel, quero verte suscrito ó canal de Youtube de Gang Films pero xa coa túa conta, por se alguén non o sabe o canal de Gang Films é este: www.youtube.com/GangFilmsHD
    (Aviso de Spam.... arriba)

    ResponderEliminar
  2. E eu alégrome de que non o esqueceras. Non sabes canto. Por certo, tiveches sorte daquela: este ano quitei o prato!

    Estou suscrito! E xa postos: se vos gusta o cine, aproveito para recomendarvos os cortos de GangFilms. Con magnético aroma a Tarantino.

    ResponderEliminar
  3. Almudena18/6/12

    Tocoume o papel negro africa.
    a sensacion foi de tristeza e de pena o pensar que hai xente que o pasa a si dia a dia desde que nace.
    A conclusion e que esta mal repartido que tiña que haber mais igualda. E gustoume por que por uns momentos vivimos sensacions diferentes

    ResponderEliminar
  4. Lucia B e Nerea G18/6/12

    somos lucia B e nerea G, tocounos o amarelo, ASIA. Éramos un país con moita poboación e con falta dealgúns recursos. A experiencia foi interesante e sentímonos un pouco desafortunados. A conclusión foi que polo menos temos sorte de nacer onde nacemos e saber que un non elixe o que lle toca.

    ResponderEliminar
  5. Lucía Otero18/6/12

    A min tocoume o papel de cor amarelo.Cando entrei pola porta e vin o cambio de clase non me esparaba que a sorpresa fora así.Unha vez que estábamos todos dentro da clase vendo a sorte que tíñamos cada un sentinme "rara" por unha parte había xente con mais sorte que nós pero tamen
    había persoas con menos comida e menos privilexios.No noso grupo éramos demasiados e fomos os primeiros aos que se nos acabou a comida por un momento o noso grupo sentiu gañas de ir a roubar comida pero deixamonos estar sentados.O xogo como ti dicías non era un simple xogo si non que era a realidade porque nacer non depende de nos e é moi posible que si tiveramos que nacer hoxe non teríamos a sorte que tuvemos.Recordarei esa clase durante moito tempo e so me queda darche as gracias por ser como es porque moi poucos profes farían eso e non so se aprende cos libros.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo18/6/12

    Tocáronnos o papel de cor amarelo.
    En comparación cos demáis grupos, cremos que os alimentos eran demasiado escaso en relación coa cantidade de xente. Moi pouca comida para demasiadas persoas.
    En conclusión hai que saber apreciar a sorte que temos ao haber nacido na sociedade en que vivimos. Tendo en conta que poderíamos haber nacido en condicións máis desfavorables.
    Andy e Inés.

    ResponderEliminar
  7. Samantha18/6/12

    A min tocoume a cor branca. Abrimos a porta e ao entrar na clase quedeime un pouco sorprendida, porque non me esperaba ese "cambio". Cada un sentouse no seu sitio correspondente e comenzamos a comparar lugares e impresións. É certo que os que máis tiñan eran os azules, pero os brancos tiñamos case todo, co cal non tiñamos queixa. A conclusión que sacamos, eu polo menos, deste xogo é que ninguén escolle o lugar no que nace nin que sorte lle vai acarrear iso. Aínda que só fose por unha hora comprendimos a sorte que temos de haber nacido aquí.

    ResponderEliminar
  8. Nerea A18/6/12

    Ola profe!! A min tocoume o marrón,que viña sendo Latino América, estaba sentada no chan, non se estaba moi comodo xa que non había sillas pero polo menos había algo de comida. Con este xogo demonos conta de que o mundo está moi repartido e non tes a sorte de elixir onde nacer. Esta experiencia gustoume moito e non me importaría volvela a repetir.
    PD:As grazas temochas que dar nos a ti por este ano e por facer que nos gusten máis as ciencias sociais. GRAZAS PROFE!!

    ResponderEliminar
  9. Laura,Fani,Lucía F.18/6/12

    Tocounos a cor amarela. O primeiro que sentimos ao entrar pola porta foi unha gran sorpresa ao ver asi a clase. Despois, desilusionamonos porqe no grupo no que estabamos eramos moitos e moi pouca comida aunque podia ser peor. Logo descubrimos que nos eramos a parte da poboacion pobre no mundo.

    ResponderEliminar
  10. Lucía Pérez18/6/12

    Nesta "Ruleta da vida" tocoume nacer en Asia, o papel amerelo, claramente.
    Cando entrei pola porta pensei: Eu non penso ordenar a clase. Estaba toda esperdigada! Ademais deso, leveime unha sorpresa, non mo esperaba.
    Con esta experiencia dinme conta da sorte que teño de vivir aquí, dos luxos que temos e de que un plato de cacahuetes e unhas poucas galletas non chegan para alimentar a 22 asiáticos ;)
    En fin, que alegrome moito de que estiveras este ano con nós profe, e que te botaremos moitísimo de menos aqui, e sobre todo as Sugus! :)
    Non te olvidaremos

    ResponderEliminar
  11. Isabel e Silvia18/6/12

    Ola profe, eu son Isa e tocoume a cor branca, e dicir, era de Europa. A sensación foi xenial, e ao ver que me tocaba no branco e non nos outros, que os amarelos tocaronlle menos cousas, gustaríame repartir con eles todo o que tiñamos os brancos. A miña conclusión foi que no mundo hai que repartir con todos.

    Ola profe, eu son Silvia, e tocoume a cor azul, co que era Norte América, e por sorte, tocoume a mesa que tiña de todo, as galletas, os gusanitos, as patatas e o "petroleo", tamén chamado Cocacola (con cafeína)... É decir, tiñamos de todo, xa que me tocou compartir con Marcos. O que sentin cando entrei pola porta e ver todo aquilo, foi sorpresa total. A conclusión que saquei, é que case todo na vida, basase na sorte, xa desde cando naces, con quen, en onde... non podes elixir, e tes que adaptarte ao que che toca, sea bo ou malo; como na clase, a un tocoulle moita abundancia, e a outros, unha bolsa de cacahuetes empezada.Moitas gracias profe, por esta clase tan orixinal.

    ResponderEliminar
  12. Paula18/6/12

    Ola profe!A min tocoume o amarelo,e a verdade é que non probei moito do que tiñamos,cando cheguei alí xa comeran todo jajaja tiñamos un prato con cacahuetes e galletas, e tres sillas.Sentar non me sentei porque andaba coa cámara,e comida..acabouse tan rápido o prato que tiven que ir buscar comida a outro continente jajaja. A vida é unha lotería,non sabes onde che vai tocar nin o que che pode suceder,esa é a miña conclusión :) Estivo moi,moi ben o xogo por certo!

    ResponderEliminar
  13. Samantha18/6/12

    Claramente, esta foi unha clase para repetir!! Volvo a dicilo, moitísmas gracias por ser o noso profe e non olvides que estas pequenas personas nunca te van olvidar... Sobre todo as Sugus ;)

    ResponderEliminar
  14. Alégrame moito que vos gustase a experiencia, e máis aínda ver que lle sacades proveito.

    Grazas por uns comentarios tan ben expostos. Dicides moitas cousas importantes, e gustaríame recoller algunhas delas para facer unha bola de fíos da que o xoves poidamos tirar na clase.

    Lucía P. refírese á vida como unha ruleta, e gústame, porque ao final, todo isto da vida parécese a algo así: azaroso e circular.

    Outros falades das emocións, das reaccións naturais ante unha situación que era manifestamente inxusta e desequilibrada. Algúns, como Isabel (era dos poucos que podía facelo) sentiu ganas de contribuir a amañalo ("gustaríame repartir", di), aínda que en realidade todos vos conformastes coa sorte que vos tocara.

    Creo que as conclusións da maioría de vós son estas:

    1) Que nacer nun ou noutro lado do planeta é algo que depende só da sorte. E é certo. Ser galego ou andaluz, español ou chino, europeo ou africano, é algo sen mérito algún; é só resultado dunha lotería.

    2) Que se outra vez volvésemos entrar por esa porta, se nacésemos de novo hoxe mesmo, as probabilidades de caer no mundo subdesenvolvido serían aplastantes. E tamén é certo. Por iso non debéramos trazar unha liña entre eles e nós, senón contribuír dalgún xeito a borrala.

    3) E que unha vez repartida a sorte de nacer, "tes que adaptarte", como di Silvia. E é verdade; pero engado algo: todos temos o dereito a buscar mellorar. A non conformarse coa sorte, senón tamén a traballala, a axudarlle, a aportar o noso grao de esforzo persoal para que esa "ruleta" da vida xire mellor. Iso explica a solución das migracións. Algo ¿incómodo? (a debater) cando naces no Azul (Norteamérica) ou no branco (Europa), pero fácil de comprender cando imaxinas a túa vida no Amarelo (Asia) ou no Negro (África).

    Pero diso da emigración, falaremos o xoves. Ide preparados!

    ResponderEliminar
  15. David Güimil 3ºA22/6/12

    Bueno, Eu non pertenezco a esta clase, mais ben son da outra.
    Pero teño que meterme aquí porque acabo de ver, a sorpresaza que vos fixo o Profesor, e decir que me da envexa.
    Nos non temmos que queixarnos tampouco pero sí podemos decir que tivestedes moitisima sorte e que este ano pasastedelo de medo.
    Felicidades por este blog Miguel e unha forma e aprender moi especial e impactante resulta moi acolledora.
    Oxalá me tocara na vosa clase, vexo que é das millores.
    PD: Podíadesnos invitar jajaja.

    ResponderEliminar
  16. Lucía Otero22/6/12

    tes toda a razón todo o que vivimos e unha simple lotería e moi poucas veces nos damos de conta do afortunados que somos as coclusións sen duda algunha son as que ti dis

    ResponderEliminar
  17. Ola David! Pois non sabes qué contento e agradecido me quedo con que te animases a entrar en Caronte, e por suposto co que dis no teu comentario. Moitísimas grazas!
    A verdade é que teríame gustado poder facer esta actividade con moitos máis grupos, pero era imposible. Polo menos, quédanos o vídeo para compartilo cos que non estabades.

    Lucía O. e os demais: Aparte desas conclusións ás que chegamos... ¿Pensastes no gracioso que será volver ao vídeo dentro de 1 ou 2 anos, cando xa todos esteamos un pouco cambiados?

    ResponderEliminar
  18. David Güimil 3ºA23/6/12

    Só ver o video xa é unha primor.
    Enserio, unha maneira moi boa de entender a pobreza, a riqueza e a mala distribución do mundo.
    Todos falan moi ben de ti, Miguel, a pena foi non poder vivilo nos...
    E as grazas téñense que dar a ti, non a min.

    ResponderEliminar
  19. Miguel debe ser unha satisfacción moi grande todos eses eloxios dos teus alumnos, e ademais diría que o cariño é mutuo e tamén que gozas moito co teu traballo, que o vives de verdade. Dis que será moi bonito dentro duns anos ver os vídeos de novo e tes razón, pero seguro que tamén seguirás lembrando todos estos momentos vividos con moito agarimo. É bonito ver que os teus alumnos (e incluso os que non o son, como David) teñen palabras tan fermosas para ti, ata me emocionan a min, así que imaxino o contento que te sintes ti. Agora a pasalo ben nestas vacacións de verán todos, tanto ti coma eles, e que sigades en contacto.

    ResponderEliminar
  20. Aínda non empezaron as vacacións e xa me sinto raro ao non ter clase con eles...

    O afecto é mutuo, e sei que nos volveremos a ver. O digo coa seguridade de saber, por experiencia, que non é tan difícil. Pero por se acaso, teño moitos e moi bos recordos, que farán imposible que me olvide das clases con eles.

    ResponderEliminar
  21. Samantha26/6/12

    A verdade, é que momentos así sempre quedarán na nosa memoria :)

    ResponderEliminar
  22. Desde logo que si!!

    Paréceme un bo lugar para recuperar unha páxina web que xa coñecemos. Así, os que non tiveron a oportunidade de vivir estes momentos, sempre poderán imaxinar cal sería a súa sorte coa magnífica idea da ONG "Save the children". Pois iso, sorte!:

    http://loteriadelavida.es/

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK