A ver a que vos recorda isto... Agarrádevos ao asento.
A moitos viríanvos á cabeza algunhas imaxes de "La Ola", e moi especialmente da súa memorable secuencia final (ver AQUÍ), con toda esa posta en escena friki e ridícula a base de matóns, caras de malas pulgas, e un respecto artificioso e esaxerado cara a figura dun líder. Pero é que "La Ola", igual que a propia Historia, non é so unha película, senón a reconstrucción dun feito real. E sobre todo, a oportunidade impagable de poder aprender do pasado.
Isto sucedeu hai menos de quince días. Feito o reconto de votos nas eleccións nacionais de Grecia, salta a sorpresa: o partido neonazi "Amencer Dourado" logra o 6% dos votos, que equivale a 21 asentos no parlamento grego. Nas eleccións anteriores, en 2009, non acadaran nin un só escano. Pero a crise, o desemprego, o paro masivo, a decepción política e a inxustiza social crecentes alimentan nunha parte da poboación a frustración necesaria como para recorrer á desesperada aos extremos... Incluso aínda que o extremo se chame neonazi e consista en impoñer o temor, a censura, a violencia e ata a forma de pensar, estar ou sentir.
A escena foi tan lamentable como as primeiras palabras do seu líder: "Temédenos, que xa chegamos". Entre as súas ideas, aparte de atemorizar aos xornalistas e os que non comulguen con eles, figura a de disparar e bombardear aos inmigrantes que pretendan entrar no país. E xa sabedes todo o que virá despois: eliminación de liberdades, militarismo, ditadura férrea, control crecente, asfixia total. Así que, agora e sempre, sede críticos, estade alerta... Recordade a Historia.
Sinceramente estou de pedra... o mellor que podían facer era coller e marchar todos, que se queden sen protagonismo.
ResponderEliminarParéceme que somos tan tan tan ignorantes... é ver a boca do lobo e correr en círculos, non somos capaces de pensar, non somos capaces en moitas veces de sacrificarnos, preferimos sacrificar á un grupo da poboación (e se non hai ningún diferenciado, xa o inventaremos) para que a nos non nos toque a parte mala. Cando o máis eficiente sería b loitar todos xuntos B, non clases contra clases, etnias contra etnias, razas contra razas, rexións contra rexións... o problema é suficiente como para que comecemos outro.
Opino coma ti Marcela. Cando o vin, cabreeime coa reacción débil e tímida dos xornalistas (salvo a valente que protesta); non podía entender cómo non se marcharon todos da sala. Acaso non se di sempre que a prensa é o "cuarto poder"? Nada fai tanto dano a esta xente como unha sala de prensa baleira. A quen ía chegar a súa mensaxe sen os medios de comunicación?
ResponderEliminarHabería que ver como reaccionariamos alí... Moitas veces, o noso modo de reaccionar en momentos inesperados e impactantes coma este, poden definir ben como somos cada un de nós. Isto pedía negarse, erguerse, e irse co micro e o caderno a outra parte, a escribir unha crónica ben corrosiva, das que meten o dedo na chaga.
Algo tarde se cadra, pero reaccionaron o pasado domingo, facendo unha sentada noutra roda de prensa. Aquí está:
http://www.publico.es/internacional/433009/sentada-de-los-periodistas-ante-el-lider-neonazi-griego
Alucino!! primeiro: cómo se pode dar o teu voto a esta xente??? e segundo: cómo eses periodistas non se erguen e se largan de ahí?!!! Qué desastre!! buf...
ResponderEliminar