Un día escoitei a Arguiñano contar unha bonita historia persoal. Dicía el que de cativo fora un pésimo estudante. Por ese motivo, os días de entrega de notas eran sempre para el do máis tristes, xa que volvía a casa cunha pila de suspensos, a estima polo chan e coa promesa dunha bronca monumental (guantazo incluído; eran tempos de poucas palabras) nada máis cruzar a porta. E explicaba que eses duros momentos quedaran gravados a lume na súa memoria. Por iso, cando o seu propio fillo máis pequeno empezou a vir con notas similares, o famoso cociñero estableceu un método máis efectivo: 1º, abroncalo, para que soubera que está mal; e 2º, celebralo xuntos, para que soubera que, pasase o que pasase, seu pai o querería sempre: "Hijo, en esta casa todos los récords se celebran, así que esta noche tú y yo nos vamos a pegar una cena".
A semana pasada, máis maior e vivido, atreveuse e foi algo máis aló. Espontáneo como sempre, sorprendeu dando un repaso rico-rico á desastrosa tolemia na que vivimos actualmente. E fíxoo da única maneira que sabe, cociñando. Porque "soy un cocinero, no soy más...".
A semana pasada, máis maior e vivido, atreveuse e foi algo máis aló. Espontáneo como sempre, sorprendeu dando un repaso rico-rico á desastrosa tolemia na que vivimos actualmente. E fíxoo da única maneira que sabe, cociñando. Porque "soy un cocinero, no soy más...".
Máis claro, auga.
"Cómo se pueden atrever... cómo no va a haber responsabilidades... Basta de cuentos de calleja... las pérdidas son para todos y los beneficios para unos pocos... terrible juego al que jugamos".
ResponderEliminarPois parece que non, que está todo moi ben atado e aquí ninguén é responsable de nada... É como cando xogabamos ao Monopoly (ese xogo que ensina a especular): dá igual o que pase, "a banca sempre gaña"... E senón, "no-passsssa-ná".
Gabilondo é, de lonxe, o periodista polo que sinto unha maior admiración: por lúcido, crítico e valente. E polos tropecentos anos que leva dando exemplo.
Un bo intercambio de vídeos!
"Soy un cocinero, no soy nada más, pero llevo toda la vida trabajando, llevo, pues 48 años trabajando. ¿NO DIRÁN QUE LA CULPA DE LA CRISIS ES MÍA?".
ResponderEliminarQue forma tan sinxela de explicar a situación na que estamos!
Sinxela desde logo, pero sobre todo sentida. E enriba, desde a experiencia.
ResponderEliminarE está claro que domina a comunicación. Mentres conta a historia, ninguén se pregunta que é o que está cociñando.
"Gángsters..gorileros..." tal cual, ben falado Arguiñano!!, como di Andrea: brillante!
ResponderEliminarSempre me gustou Arguiñano en canto a cociña, ás veces tamén os seus chistes, (non todos), pero é que de esta vez ¡¡¡encantoume!!! non poido tar mais dacordo con él, en canto a gángsters..gorileros... eu ainda iría mas aló...porque como diría Sandra "corróeme" a rabia por dentro...
ResponderEliminarHai un tema en Historia do Mundo Contemporáneo que se titula: "A década dos trinta: a crise das democracias... (e non acaba aí)... e o auxe dos totalitarismos (ditaduras)". A historia é cíclica e isto ponse feo.
ResponderEliminarQueda claro que España está túzara e aquí cheira a cabreo popular que mete medo. Só agardo que empecen a aflorar xa as alternativas que nos melloren. E que esas necesarias alternativas nos afasten definitivamente do perigo dunha Ola de neonazismo cutre e ególatra como o da película.