Saltar ao contido principal

España fritida en salsa de Gángsters, por Arguiñano

Un día escoitei a Arguiñano contar unha bonita historia persoal. Dicía el que de cativo fora un pésimo estudante. Por ese motivo, os días de entrega de notas eran sempre para el do máis tristes, xa que volvía a casa cunha pila de suspensos, a estima polo chan e coa promesa dunha bronca monumental (guantazo incluído; eran tempos de poucas palabras) nada máis cruzar a porta. E explicaba que eses duros momentos quedaran gravados a lume na súa memoria. Por iso, cando o seu propio fillo máis pequeno empezou a vir con notas similares, o famoso cociñero estableceu un método máis efectivo: 1º, abroncalo, para que soubera que está mal; e 2º, celebralo xuntos, para que soubera que, pasase o que pasase, seu pai o querería sempre: "Hijo, en esta casa todos los récords se celebran, así que esta noche tú y yo nos vamos a pegar una cena".

A semana pasada, máis maior e vivido, atreveuse e foi algo máis aló.  Espontáneo como sempre, sorprendeu dando un repaso rico-rico á desastrosa tolemia na que vivimos actualmente. E fíxoo da única maneira que sabe, cociñando. Porque "soy un cocinero, no soy más...".


Máis claro, auga.

Comentarios

  1. "Cómo se pueden atrever... cómo no va a haber responsabilidades... Basta de cuentos de calleja... las pérdidas son para todos y los beneficios para unos pocos... terrible juego al que jugamos".

    Pois parece que non, que está todo moi ben atado e aquí ninguén é responsable de nada... É como cando xogabamos ao Monopoly (ese xogo que ensina a especular): dá igual o que pase, "a banca sempre gaña"... E senón, "no-passsssa-ná".

    Gabilondo é, de lonxe, o periodista polo que sinto unha maior admiración: por lúcido, crítico e valente. E polos tropecentos anos que leva dando exemplo.

    Un bo intercambio de vídeos!

    ResponderEliminar
  2. "Soy un cocinero, no soy nada más, pero llevo toda la vida trabajando, llevo, pues 48 años trabajando. ¿NO DIRÁN QUE LA CULPA DE LA CRISIS ES MÍA?".
    Que forma tan sinxela de explicar a situación na que estamos!

    ResponderEliminar
  3. Sinxela desde logo, pero sobre todo sentida. E enriba, desde a experiencia.

    E está claro que domina a comunicación. Mentres conta a historia, ninguén se pregunta que é o que está cociñando.

    ResponderEliminar
  4. Sandra1/6/12

    "Gángsters..gorileros..." tal cual, ben falado Arguiñano!!, como di Andrea: brillante!

    ResponderEliminar
  5. marisa1/6/12

    Sempre me gustou Arguiñano en canto a cociña, ás veces tamén os seus chistes, (non todos), pero é que de esta vez ¡¡¡encantoume!!! non poido tar mais dacordo con él, en canto a gángsters..gorileros... eu ainda iría mas aló...porque como diría Sandra "corróeme" a rabia por dentro...

    ResponderEliminar
  6. Hai un tema en Historia do Mundo Contemporáneo que se titula: "A década dos trinta: a crise das democracias... (e non acaba aí)... e o auxe dos totalitarismos (ditaduras)". A historia é cíclica e isto ponse feo.

    Queda claro que España está túzara e aquí cheira a cabreo popular que mete medo. Só agardo que empecen a aflorar xa as alternativas que nos melloren. E que esas necesarias alternativas nos afasten definitivamente do perigo dunha Ola de neonazismo cutre e ególatra como o da película.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d