Saltar ao contido principal

Despedidas (Guardiola, Raúl)

Despedida. Acción de despedir ou despedirse.
Despedir. Acompañar por cortesía unha persoa que marcha. Botar fóra de si. Dicir ou facer as palabras ou accións que adoitan realizarse cando se separa unha persoa doutra. Desbotar a esperanza de conseguir algo por consideralo imposible de alcanzar. Realizar por última vez unha actividade ou espectáculo. 

Non hai trance máis triste na vida que as despedidas. Significan perda. Perdes unha opción, a oportunidade, unha época, o teu lugar, un soño ou, o que é peor, unha persoa. Cando a perda é definitiva, imaxes e emocións grávanse a dor e sen permiso na túa memoria, na mirada e mesmo na pel; pasan a ser parte de ti e acompáñante para sempre como unha cicatriz incómoda. Pero ás veces, en salvaxe ironía, as perdas son necesarias para mellorar. Elixes perder para poder gañar. E confías en que o tempo, implacable, e a vida convirtan aquela despedida nunha derrota que a victoria envexe.

Non é fácil que unha despedida saiba a victoria desde o mesmo momento no que se produce. Pero estes días atopo dúas, e gustaríame compartilas. Porque, por diversos motivos, parécenme exemplares, virtuosas, admirables, didácticas, dignas de ser aprendidas. Paradoxicamente, ambas despedidas, fermosas coma poucas, déronse no resultadista e ingrato mundo do fútbol: unha no entorno do Barça (Guardiola); outra no entorno do Madrid (ou ex, Raúl). E ambas son fermosas, porque nelas danse dous requisitos: o esforzo titánico e exemplar do despedido, e a admiración sentida dos que viron e viviron ese esforzo.

Guardiola: "El que más pierde soy yo; siempre me tendréis"
Despedida completa, diante dos xogadores e co Nou Camp a rebentar, AQUÍ



Raúl: "Me hubiera gustado una despedida así en el Bernabeu".
O Shalke 04 retirou o dorsal nº 7 e fixo eterno a Raúl ante 60.000 espectadores.
 Despedida completa, co campo cheo, AQUÍ.

Comentarios

  1. Samantha7/5/12

    É certo que as despedidas son moi dolorosas, e que non gusta aceptar que perdeste a unha persoa querida, pero non hai que chorar por iso. "Non chores porque se acabou, sonríe porque sucedeu". Esa é a mentalidade que hai que ter sempre. Porque é certo que as persoas vanse, pero sempre nos deixan un recordo seu que se fai inolvidable :)

    ResponderEliminar
  2. Que gran frase, Samantha.
    Sabia e útil.

    Como é habitual, as mellores moedas poñédelas vós. Grazas por compartila!

    ResponderEliminar
  3. "Pero ás veces, en salvaxe ironía, as perdas son necesarias para mellorar. Elixes perder para poder gañar. E confías en que o tempo, implacable, e a vida convirtan aquela despedida nunha derrota que a victoria envexe."

    Non podería estar máis de acordo. Plasmaches o que levo pensando xa un tempo.
    Hai veces que hai que tomar unha decisión, e decides abandonar, decides que é mellor deixar algo atrás, coa confianza de que esa decisión será, ao longo prazo, a mellor e nun futuro te agradecerás a ti mesma tela tomado.
    Esas decisións son as máis difíciles. Pero xa se sabes que "as cousas fermosas son difíciles" (de acadar, se entende).

    Outra gran ensinanza de Caronte.

    ResponderEliminar
  4. Samantha7/5/12

    Tes moita razón. A decisións máis duras acaban sendo as mellores e co tempo dámonos conta diso. Pero aínda que doa, temos que seguir cara adiante.
    Grazas, profe, por decir que as mellores moedas poñémolas nós :)

    ResponderEliminar
  5. "As cousas fermosas son difíciles de alcanzar"... Outra gran verdade de C.

    E tanto... Moi difíciles. Pero que ben saben cando se alcanzan, despois de honrar ao esforzo con mil sacrificios.

    En realidade, iso é vivir, non? Loitar expoñéndonos a que as cousas nos afecten. A vida non valería a pena gastada doutra maneira.

    Non Samantha, grazas a vós. Por compartir.

    ResponderEliminar
  6. Samantha8/5/12

    De nada profe, nós facémolo coa mellor intención do mundo :)

    ResponderEliminar
  7. Sandra12/5/12

    É emocionande visto dende fóra...coma se tiveron que sentir eles! son merecedores dun recoñecemento e dun agradecemento como o que lles brindaron e neste mundo do fútbol no que moitas veces vemos de todo, apreciase que haxa xente así, xente que vale profesional e personalmente.

    ResponderEliminar
  8. Samantha14/5/12

    Tes moita razón, Sandra. Hai xente que merece todo o bo que recibe e moitisimo máis. Esperemos que salgan máis personas como eles dous!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d