Despedida. Acción de despedir ou despedirse.
Non é fácil que unha despedida saiba a victoria desde o mesmo momento no que se produce. Pero estes días atopo dúas, e gustaríame compartilas. Porque, por diversos motivos, parécenme exemplares, virtuosas, admirables, didácticas, dignas de ser aprendidas. Paradoxicamente, ambas despedidas, fermosas coma poucas, déronse no resultadista e ingrato mundo do fútbol: unha no entorno do Barça (Guardiola); outra no entorno do Madrid (ou ex, Raúl). E ambas son fermosas, porque nelas danse dous requisitos: o esforzo titánico e exemplar do despedido, e a admiración sentida dos que viron e viviron ese esforzo.
Raúl: "Me hubiera gustado una despedida así en el Bernabeu".
Despedir. Acompañar por cortesía unha persoa que marcha. Botar fóra de si. Dicir ou facer as palabras ou accións que adoitan realizarse cando se separa unha persoa doutra. Desbotar a esperanza de conseguir algo por consideralo imposible de alcanzar. Realizar por última vez unha actividade ou espectáculo.
Non hai trance máis triste na vida que as despedidas. Significan perda. Perdes unha opción, a oportunidade, unha época, o teu lugar, un soño ou, o que é peor, unha persoa. Cando a perda é definitiva, imaxes e emocións grávanse a dor e sen permiso na túa memoria, na mirada e mesmo na pel; pasan a ser parte de ti e acompáñante para sempre como unha cicatriz incómoda. Pero ás veces, en salvaxe ironía, as perdas son necesarias para mellorar. Elixes perder para poder gañar. E confías en que o tempo, implacable, e a vida convirtan aquela despedida nunha derrota que a victoria envexe.
Non é fácil que unha despedida saiba a victoria desde o mesmo momento no que se produce. Pero estes días atopo dúas, e gustaríame compartilas. Porque, por diversos motivos, parécenme exemplares, virtuosas, admirables, didácticas, dignas de ser aprendidas. Paradoxicamente, ambas despedidas, fermosas coma poucas, déronse no resultadista e ingrato mundo do fútbol: unha no entorno do Barça (Guardiola); outra no entorno do Madrid (ou ex, Raúl). E ambas son fermosas, porque nelas danse dous requisitos: o esforzo titánico e exemplar do despedido, e a admiración sentida dos que viron e viviron ese esforzo.
Guardiola: "El que más pierde soy yo; siempre me tendréis".
Despedida completa, diante dos xogadores e co Nou Camp a rebentar, AQUÍ.
Raúl: "Me hubiera gustado una despedida así en el Bernabeu".
O Shalke 04 retirou o dorsal nº 7 e fixo eterno a Raúl ante 60.000 espectadores.
Despedida completa, co campo cheo, AQUÍ.
Despedida completa, co campo cheo, AQUÍ.
É certo que as despedidas son moi dolorosas, e que non gusta aceptar que perdeste a unha persoa querida, pero non hai que chorar por iso. "Non chores porque se acabou, sonríe porque sucedeu". Esa é a mentalidade que hai que ter sempre. Porque é certo que as persoas vanse, pero sempre nos deixan un recordo seu que se fai inolvidable :)
ResponderEliminarQue gran frase, Samantha.
ResponderEliminarSabia e útil.
Como é habitual, as mellores moedas poñédelas vós. Grazas por compartila!
"Pero ás veces, en salvaxe ironía, as perdas son necesarias para mellorar. Elixes perder para poder gañar. E confías en que o tempo, implacable, e a vida convirtan aquela despedida nunha derrota que a victoria envexe."
ResponderEliminarNon podería estar máis de acordo. Plasmaches o que levo pensando xa un tempo.
Hai veces que hai que tomar unha decisión, e decides abandonar, decides que é mellor deixar algo atrás, coa confianza de que esa decisión será, ao longo prazo, a mellor e nun futuro te agradecerás a ti mesma tela tomado.
Esas decisións son as máis difíciles. Pero xa se sabes que "as cousas fermosas son difíciles" (de acadar, se entende).
Outra gran ensinanza de Caronte.
Tes moita razón. A decisións máis duras acaban sendo as mellores e co tempo dámonos conta diso. Pero aínda que doa, temos que seguir cara adiante.
ResponderEliminarGrazas, profe, por decir que as mellores moedas poñémolas nós :)
"As cousas fermosas son difíciles de alcanzar"... Outra gran verdade de C.
ResponderEliminarE tanto... Moi difíciles. Pero que ben saben cando se alcanzan, despois de honrar ao esforzo con mil sacrificios.
En realidade, iso é vivir, non? Loitar expoñéndonos a que as cousas nos afecten. A vida non valería a pena gastada doutra maneira.
Non Samantha, grazas a vós. Por compartir.
De nada profe, nós facémolo coa mellor intención do mundo :)
ResponderEliminarÉ emocionande visto dende fóra...coma se tiveron que sentir eles! son merecedores dun recoñecemento e dun agradecemento como o que lles brindaron e neste mundo do fútbol no que moitas veces vemos de todo, apreciase que haxa xente así, xente que vale profesional e personalmente.
ResponderEliminarTes moita razón, Sandra. Hai xente que merece todo o bo que recibe e moitisimo máis. Esperemos que salgan máis personas como eles dous!
ResponderEliminar