Saltar ao contido principal

Baroña é voso: a película

Había que organizar ben a conquista. 47 alumnos. 4 pistas. 1 castro. Así que fixemos 3 grupos, un por profe. Eu fun co primeiro. Os outros, sairían 2 e 4 minutos despois de nós respectivamente. Cada un tería que atopar as pistas ocultas no camiño, ler o seu contido para o grupo, devolvelas ao seu sitio, e ir a todo correr a pola seguinte. Entre o xogo, as pedras, as risas, e o vento, saiu unha baixada que dificilmente esqueceremos. Digna de volver a ver. Vémola?


Nin que dicir ten que todos os grupos triunfaron, recibindo como premio algo moi doce... Pero, en realidade, o premio máis grande foi todo o que compartimos máis aló das murallas: un castro único, o mar rompendo violento e fermoso contra as rochas, un barco ao lonxe mecéndose valente entre as ondas, e os golfiños asomando a cada pouco aló abaixo. Non me digades que non foi un premio á altura!

Comentarios

  1. Miguel.... que pasou con esa música? Non te confundirías? Ó mellor buscabas algo así http://www.youtube.com/watch?v=JBfjU3_XOaA
    Deixo o aporte por si acaso, jeje, por certo gran excursión tivo que ser!

    ResponderEliminar
  2. Jajajaja.
    Non, non me confundín. So logrei editalo en youtube, e as músicas de 10 minutos (para que casaran co vídeo) que me ofrecían eran así. Nin rastro dun tema rock ao xeito (sen voz de morto). Así que para os que, como Duarte e eu mesmo, amades a música rock, sinto o "punchinpunchin".

    Necesito un curso de edición de vídeo xa!

    ResponderEliminar
  3. Algunhas frases míticas:

    -Nerea A.: "Aquííí. Non sale!"
    -Profe: "Despacio, non caiades!"
    -Lucía O.: "Con eso non sale. Con eso non sale. Sal, con eso non sale... Ah! un bicho!".
    -Lucía P.: "Profe, vai vento!!"
    -Paula: "Xa nin che acorda onde estaba..."

    ResponderEliminar
  4. Xurxo13/5/12

    Jajaja....

    Disfrutei e difruto moito de toda esta odisea da vosa conquista do Castro de Baroña (dende os preparativos ata agora, vendo o ben que o pasástedes todos).
    Para os que te que te coñecemos un chisco, Miguel, nos abondan so uns poucos segundos do video para evidenciar toda a paixón, ledicia e cariño que sintes por ser protagonista na educación, valores e diversión de todas esas alumnas (por certo, ¡son todo mozas!, ¿donde quedaron os mozos?).
    Gústame ver ata que extremos te mollas, te implicas.....
    Disfruta de todo isto, amigo meu, pois é ¡ ledicia en estado puro!, e merécela toda.
    Unha aperta....

    ResponderEliminar
  5. Silvia13/5/12

    A min fíxome moita gracia a parte de:
    Profe: Veña, pedide todos o premio!!
    Todos:Premio! Premio!Premio!
    Profe: Vale douvolo o chegar o autobús que me quedou a mochila arriba! jajajajajja
    E sí, a segunda pista contiña bichos de regalo...

    ResponderEliminar
  6. Samantha13/5/12

    jajajaja BOISIMO!! Parece misión imposible! :P Hai que repetir ehh! jajaja

    ResponderEliminar
  7. Andrea y Marlene.13/5/12

    JAJAJAJAJAJAJA muy bueno el vídeo eh profe... Tenemos que repetir esta excursión, una experiencia innolvidable con los mejores compañeros y el mejor profe. Y la música ISUPERABLE! xD un saludo desde la casa de Marlene y de su hermana Cati que también dice que eres muy guapo^^

    ResponderEliminar
  8. Marcos13/5/12

    claramente ganou o equipo 2. tiñasnos que grabar ti a profe que veu con nos,nos ibamos correndo e respecto o papel "esto non vai haber quen o quite", nos sacamolo mais rapido.
    pero sin duda habia que volver a facelo mais veces

    ResponderEliminar
  9. Silvia13/5/12

    Baaaah, eso dilo porque non hai probas de si o sacastedes rápido ou non; si non xa veríamos... jajajaja
    E por certo Xurxo, os mozos estaban todos nos outros grupos; típico rapaces contra rapazas. :)

    ResponderEliminar
  10. Vaia! Que ambientazo hai en Caronte!

    1) Acordeime de que me esquecera a mochila cos premios cando íamos a media baixada. Xa non podía dar volta!

    2) O que non vistes foi a carreira que tiven que darme para comprobar (antes de que baixásedes) que os papeis das pistas estivesen no sitio e se puidesen ler. Xa pasaran 3 semanas desde que os colocara! 3 semanas de chuvias! Non estaban, ou encontreinas feitas un cisco, así que tiven que poñer pistas novas.

    3) O gracioso foi cando o grupo de Marcos e outros me di que a primeira pista que atoparan non se vía nada ben. Atoparan a pista de hai 3 semanas en vez de a nova!! Así que imaxinade como ían!

    4) Era tanta a velocidade nese grupo, que houbo alguén que acabou chegando a rolos ata a muralla.
    -Mira, como no cómic: "Baroña ou morte"- pensei eu.
    Iso si que era entusiasmo. Quen era!?

    5)Tamén eu me pregunto como non ía ningún mozo no meu grupo... será que nos outros ía unha profesora? Baixei encantado co meu grupo de valentes e rapidísimas barbanzonas, pero teríame gustado poder gravar a baixada de todos. So tiñamos unha cámara!

    6) Alégrame que a alguén vos guste a música; non as tiña todas comigo. Saúdos á casa de Marlene, e a Cati.

    7) Xurxiño: grazas polo cumprido. Alégrame que, aínda desde a distancia, disfrutaras da viaxe a Baroña case tanto coma nós.

    8) Ai se puideramos repetir!!! Quedounos A Curota! E quedan tantos sitios!
    Propoñédeo en Vilalonga (unha de fin de curso?).
    E, desde logo, contade comigo!

    ResponderEliminar
  11. Nerea14/5/12

    encantame este video,as frases míticas quedarán para a posteridade,e estou de acordo con que esta excursión hai que repetila,a final de curso non estaría nada mal jeje

    ResponderEliminar
  12. Samantha14/5/12

    Pois habrá que propoñela! jaja. O certo é que, despois de París (claro está), foi a mellor excursión da miña vida :) GRACIAS A TODOS :P

    ResponderEliminar
  13. Paula14/5/12

    Estou de acordo,temos que propoñela,eu quedei con ganas de ir a Curota!
    A verdade e que si,éramos todas rapazas jajaja.Estibo xenial!E as frases foron voísimas :)

    ResponderEliminar
  14. Silvia14/5/12

    Sí, profe!! Fumos a París,e vimos paisaxes fermosas; pero a verdade e que saímos fora de Galicia tendo aquí lugares tamén moi fermosos sin coñecer (como a Curota!).

    ResponderEliminar
  15. E o que queda! Xa vos podedes imaxinar! Pero iso é bo. Que sempre hai cousas por descubrir.

    Por certo, mañá levamos aos de 1º: Museo de Pontevedra e Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Estaría ben vir tamén, non?
    Acordareime de vós!

    ResponderEliminar
  16. Lucía Otero17/5/12

    hai que propoñer esa escursión que a min faime moita ilusión volver a repetir... a ver si din que si :)e a ver si fai sol e podemos ir tamén a praia jajaj

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d