Había que organizar ben a conquista. 47 alumnos. 4 pistas. 1 castro. Así que fixemos 3 grupos, un por profe. Eu fun co primeiro. Os outros, sairían 2 e 4 minutos despois de nós respectivamente. Cada un tería que atopar as pistas ocultas no camiño, ler o seu contido para o grupo, devolvelas ao seu sitio, e ir a todo correr a pola seguinte. Entre o xogo, as pedras, as risas, e o vento, saiu unha baixada que dificilmente esqueceremos. Digna de volver a ver. Vémola?
Nin que dicir ten que todos os grupos triunfaron, recibindo como premio algo moi doce... Pero, en realidade, o premio máis grande foi todo o que compartimos máis aló das murallas: un castro único, o mar rompendo violento e fermoso contra as rochas, un barco ao lonxe mecéndose valente entre as ondas, e os golfiños asomando a cada pouco aló abaixo. Non me digades que non foi un premio á altura!
Miguel.... que pasou con esa música? Non te confundirías? Ó mellor buscabas algo así http://www.youtube.com/watch?v=JBfjU3_XOaA
ResponderEliminarDeixo o aporte por si acaso, jeje, por certo gran excursión tivo que ser!
Jajajaja.
ResponderEliminarNon, non me confundín. So logrei editalo en youtube, e as músicas de 10 minutos (para que casaran co vídeo) que me ofrecían eran así. Nin rastro dun tema rock ao xeito (sen voz de morto). Así que para os que, como Duarte e eu mesmo, amades a música rock, sinto o "punchinpunchin".
Necesito un curso de edición de vídeo xa!
Algunhas frases míticas:
ResponderEliminar-Nerea A.: "Aquííí. Non sale!"
-Profe: "Despacio, non caiades!"
-Lucía O.: "Con eso non sale. Con eso non sale. Sal, con eso non sale... Ah! un bicho!".
-Lucía P.: "Profe, vai vento!!"
-Paula: "Xa nin che acorda onde estaba..."
Jajaja....
ResponderEliminarDisfrutei e difruto moito de toda esta odisea da vosa conquista do Castro de Baroña (dende os preparativos ata agora, vendo o ben que o pasástedes todos).
Para os que te que te coñecemos un chisco, Miguel, nos abondan so uns poucos segundos do video para evidenciar toda a paixón, ledicia e cariño que sintes por ser protagonista na educación, valores e diversión de todas esas alumnas (por certo, ¡son todo mozas!, ¿donde quedaron os mozos?).
Gústame ver ata que extremos te mollas, te implicas.....
Disfruta de todo isto, amigo meu, pois é ¡ ledicia en estado puro!, e merécela toda.
Unha aperta....
A min fíxome moita gracia a parte de:
ResponderEliminarProfe: Veña, pedide todos o premio!!
Todos:Premio! Premio!Premio!
Profe: Vale douvolo o chegar o autobús que me quedou a mochila arriba! jajajajajja
E sí, a segunda pista contiña bichos de regalo...
jajajaja BOISIMO!! Parece misión imposible! :P Hai que repetir ehh! jajaja
ResponderEliminarJAJAJAJAJAJAJA muy bueno el vídeo eh profe... Tenemos que repetir esta excursión, una experiencia innolvidable con los mejores compañeros y el mejor profe. Y la música ISUPERABLE! xD un saludo desde la casa de Marlene y de su hermana Cati que también dice que eres muy guapo^^
ResponderEliminarclaramente ganou o equipo 2. tiñasnos que grabar ti a profe que veu con nos,nos ibamos correndo e respecto o papel "esto non vai haber quen o quite", nos sacamolo mais rapido.
ResponderEliminarpero sin duda habia que volver a facelo mais veces
Baaaah, eso dilo porque non hai probas de si o sacastedes rápido ou non; si non xa veríamos... jajajaja
ResponderEliminarE por certo Xurxo, os mozos estaban todos nos outros grupos; típico rapaces contra rapazas. :)
Vaia! Que ambientazo hai en Caronte!
ResponderEliminar1) Acordeime de que me esquecera a mochila cos premios cando íamos a media baixada. Xa non podía dar volta!
2) O que non vistes foi a carreira que tiven que darme para comprobar (antes de que baixásedes) que os papeis das pistas estivesen no sitio e se puidesen ler. Xa pasaran 3 semanas desde que os colocara! 3 semanas de chuvias! Non estaban, ou encontreinas feitas un cisco, así que tiven que poñer pistas novas.
3) O gracioso foi cando o grupo de Marcos e outros me di que a primeira pista que atoparan non se vía nada ben. Atoparan a pista de hai 3 semanas en vez de a nova!! Así que imaxinade como ían!
4) Era tanta a velocidade nese grupo, que houbo alguén que acabou chegando a rolos ata a muralla.
-Mira, como no cómic: "Baroña ou morte"- pensei eu.
Iso si que era entusiasmo. Quen era!?
5)Tamén eu me pregunto como non ía ningún mozo no meu grupo... será que nos outros ía unha profesora? Baixei encantado co meu grupo de valentes e rapidísimas barbanzonas, pero teríame gustado poder gravar a baixada de todos. So tiñamos unha cámara!
6) Alégrame que a alguén vos guste a música; non as tiña todas comigo. Saúdos á casa de Marlene, e a Cati.
7) Xurxiño: grazas polo cumprido. Alégrame que, aínda desde a distancia, disfrutaras da viaxe a Baroña case tanto coma nós.
8) Ai se puideramos repetir!!! Quedounos A Curota! E quedan tantos sitios!
Propoñédeo en Vilalonga (unha de fin de curso?).
E, desde logo, contade comigo!
encantame este video,as frases míticas quedarán para a posteridade,e estou de acordo con que esta excursión hai que repetila,a final de curso non estaría nada mal jeje
ResponderEliminarPois habrá que propoñela! jaja. O certo é que, despois de París (claro está), foi a mellor excursión da miña vida :) GRACIAS A TODOS :P
ResponderEliminarEstou de acordo,temos que propoñela,eu quedei con ganas de ir a Curota!
ResponderEliminarA verdade e que si,éramos todas rapazas jajaja.Estibo xenial!E as frases foron voísimas :)
Sí, profe!! Fumos a París,e vimos paisaxes fermosas; pero a verdade e que saímos fora de Galicia tendo aquí lugares tamén moi fermosos sin coñecer (como a Curota!).
ResponderEliminarE o que queda! Xa vos podedes imaxinar! Pero iso é bo. Que sempre hai cousas por descubrir.
ResponderEliminarPor certo, mañá levamos aos de 1º: Museo de Pontevedra e Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Estaría ben vir tamén, non?
Acordareime de vós!
hai que propoñer esa escursión que a min faime moita ilusión volver a repetir... a ver si din que si :)e a ver si fai sol e podemos ir tamén a praia jajaj
ResponderEliminar