Saltar ao contido principal

Hermano Mayor, no instituto

Vistes algunha vez Hermano Mayor? É ese programa dos venres á noite, en cuatro, no que Pedro García Aguado, excampión mundial de waterpolo, enfróntase a casos de xóvenes difíciles. Moi difíciles. Tanto, que case ninguén se atreve con eles. Un exemplo? Clic AQUÍ.

Fonte, La Voz de Galicia (clic AQUÍ)





Hai uns días visitou o meu instituto para dar unha charla sobre drogas a partir da súa experiencia. Foi unha das mellores conferencias ás que teño asistido. Non so polo que contou, senón  por como o contou. Unha lección non so de vida, senón de como falar ao público: natural, expresivo, claro, interesante, emotivo... axudándose dunha presentación moi visual, sen texto, e salpicada de fragmentos de competicións  deportivas, cancións, monólogos e outros vídeos (Clic nos suliñados). Quizá os envexosos, na súa ansia de defectos, criticaríanlle un exceso de tacos; pero eu son dos que penso que incluso con ese público (ou quizá precisamente con el), os tacos, ben empregados, poden ser estímulo, memoria, atención, o avecrem da linguaxe. 

Pedro falou da súa vida: de éxito e fracaso. De como chegou ao máis alto no waterpolo para despois afogarse nun océano de adiccións de fin de semana: alcohol, coca, éxtase... En 2003 perdérao todo: esposa, saúde, o pelo, botárono da selección... Nunha ocasión, despois de 72 horas seguidas de discoteca, alcohol e drogas, ao chegar a casa, acendeu o móbil. Atopouse con centos de chamadas e mensaxes. Eran da súa familia: o seu avó morrera, e fora enterrado. E el non estaba alí... Cousas da vida, foi precisamente seu avó quen o salvou, grazas a un boleto de lotería que serviu despois para pagar a súa carísima terapia de desintoxicación. Despois, descubriu un talento descoñecido que agora explota: axudar aos que están onde el estivo. Pero outros que xogaron con el, no waterpolo e nas adiccións, non lograron saír do pozo: como o seu mellor amigo, Jesús Rollán, que acabou suicidándose cando estaba xa intentando recuperarse. Contábao mentres pasaba a súa enorme man pola imaxe do porteiro, na pantalla.

Alí estaban os alumnos, boquiabertos, mirando pasar unha vida. E tamén eu, tomando notas coma un posuído, espremendo ao máximo a oportunidade de escoitar a quen soubo loitar e repoñerse de algo así.  Como un digno Hermano Mayor.

"Es bueno hacer cosas diferentes, para lograr que las cosas cambien"
" El triunfo es una mezcla de talento, de esfuerzo y de descaro"
"Hay derrotas que algunas victorias envidian"
"El fracaso enseña... a veces hay que fallar para aprender"
"Mi mejor amigo se suicidó... No pudo superarlo. Porque te daña el cerebro"
"La prepotencia, el pensar que uno controla, fue el principio de la adicción"
"Hacerse notar, esconde mucha frustración"
"La droga va a los circuítos cerebrales de recompensa (ay, que a gustito) y los daña...
pasas a necesitarla, a depender de ella"
"No era más guay, era un cobarde"
"Cuando gané el oro olímpico, no sentía nada... 
Sólo pensaba a dónde nos iríamos de juerga a celebrarlo. Qué triste, ¿no?"
"Te quiere quien cuida de ti... las normas, solo son para protegeros"
"Valiente es aquel que, teniendo miedo, es capar de conquistarlo"
"Siempre debo dejar con palabras de amor a las personas que quiero: 
puede ser la última vez que las vea"
"¡Qué poca paciencia, ¿verdad?... Somos así, funcionamos así: 
No me ralles, que estoy con mis 5.000 amigos en Facebook´"

Comentarios

  1. Jorge19/3/12

    Agora que leo isto, sinto xa un pouco de curiosidade por ter estado alí, asistindo a esa charla pra sacar así, conclusions e impresions propias, dese home.

    O programa que dirixe, supérame, non podo con él, e sempre que zapeando, mirei un anaco, antes de dez minutos tiven que cambiar de canle: non dúvido do exemplo de superación do protagonista e admiro que, nunha especie de "redención" persoal, agora queira adicar o seu tempo a axudar a eses, como dis ti: "casos difíciles".
    Supoño que o que está, na miña opinión, mal plantexado, é a estructura do programa, o formato (nótase moito que Telecirco é agora quen mete man, en Cuatro).
    O programa recréase, e incluso ralentiza as duras imaxes que amosa: unha noite vin como un gipipollas, empurraba a sua avoa chamándoa "filla de puta" e íase destrozando una porta da cociña. A escea emitírona primeiro en tempo real, pra de seguido ralentizala (como si coa a emisión de corrido non tivésemos bastante), recreándose nas malas verbas e ademáns do "sinvergonza" e despois na expresión ( mistura de medo e de impotencia, culpabilidade incluso, da pobre avoa ).
    O sangue fervíame nas veas, asegúrocho, e sentín gañas de haber estado alí nese intre, para primeiro darlle dez ou doce boas patadas no cú o mangallán malfalado aquel, e logo meterlle un sacho na man pra que empezase a cavar unhas viñas dos meus pais que por falta de adicación, van terminar "de monte". Logo recordei aquelo de "a violencia enxendra violencia" puxen unha peli de a Sexta 3, e pouco a pocuo recuperei a calma e o senso.

    Por sorte, son dos que pensa que casos coma eses son minoría, e que as novas xeracions que veñen ahí detrás, son mozo/as con valores e cos miolos no seu sitio. Cústame moitisimo esforzo comprender que é o que leva e eses rapaces a consumir, a ameazar de morte e mancar a xente que os quere (os pais, os avós, os irmáns....), os únicos que por outro lado -nunha situción límite coma esas- son tamén os últimos en discriminalos e retirarlles unha man de axuda.

    ResponderEliminar
  2. Rediós. Eres a versión testosterónica de Hermano Mayor... Eres ¿Hermano el del medio? http://www.youtube.com/watch?v=rLkvKEavpCw

    Bueno, eu entendo que é un programa da tele. Con psicólogos, terapeutas, etcétera, pero programa da tele. Partindo de aí, encontro normal que busque impactar e utilice determinados recursos.

    Cando nos presentan un caso, por exemplo, vese claramente que os pais se afanan en provocar ao protagonista. Supoño que para que poidamos ver realmente a que extremos chega cando se olvida de que hai cámaras diante. Sabendo que pode resultar, en efecto, innecesario, morboso ou grotesco.

    Pero a min interésame máis aló desas esceas que so presentan o caso de turno (en realidade, todos son iguais). Interésame como reto educativo. Como clase. Como exemplo de cómo se pode reeducar a persoas que viven situacións extremas. Porque en Hermano Mayor vexo a alguén capaz de meterse alí onde a inmensa maioría non ousaríamos nin tan sequera asomarnos. Alguén que ademais de enfrontarse a persoas tiranas, violentas e desquiciadas, sabe traballar ata chegar a elas. Logra que se abran, que dubiden, que cuestionen, que confíen nel... E consegue algo que pode parecer anecdótico, pero que para min é básico: que se vexan a si mesmos nunha pantalla. Ese momento clave no que se encontran de golpe cun reflexo ignorado de si mesmos, e que os asquea e lles abre os ollos a partes iguais.

    Porque... ¿Que pasaría se a todos nos acompañara permanentemente unha cámara para gravarnos, e nos puxeran despois as imaxes?

    ResponderEliminar
  3. Sandra27/3/12

    BRAVO! porque loitou e recuperouse das súa adiccións e porque agora axuda e ensina aos que pasan polo mesmo que pasou él. Charlas coma esta son moi necesarias, interesantes e útiles!! Noraboa Pedro!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!