Saltar ao contido principal

Os libros que veñen: "Alicia", para iPad

Ides a flipar

O iPad é a Tableta dixital e táctil de Apple, e serve, entre outras finalidades, para ler libros electrónicos. Non sei a vós, pero a min ler en pantalla é unha cousa que nunca me chamou excesivamente a atención. Ao revés: gústame o tacto dos libros, o olor que desprende o papel, poder subraiar cun lapis na man ou marcar a páxina na que quedo cun punto de lectura. Pero...

O caso é que despois de ver isto, debo recoñecer que estou con moooitas ganas de probar un. Paso de explicárvolo: poñede o vídeo en pantalla completa e dádelle ao play. As babas, como as opinións, recollémolas nos comentarios.

Comentarios

  1. Miriam8/7/11

    A verdade é que eu ahora tamén teño ganas de probalo...creo que permite que te adentres máis na historia que che están a contar e a recordes durante máis tempo xa que a estás a leer dunha forma diferente ao que o levas facendo toda a vida.

    ResponderEliminar
  2. Como sería ler "El señor de los anillos" desta maneira? Enriquecería a lectura... ou mataría a nosa imaxinación?

    ResponderEliminar
  3. Miriam9/7/11

    A pesar de que non os leín, pareceme que son uns libros cargados de maxia...creo que mataría a nosa imaxinación porque esa maxia coa tecnoloxía desvaneceria

    ResponderEliminar
  4. Sandra10/7/11

    A verdade é que dan ganas de probalo,pero eu estou contigo,prefiro o tacto,o olor,o libro de sempre,ten máis maxia que a pantalla do iPad,aínda así paréceme impresionante,probar sí,pero quédome coa lectura aunténtica,a de papel e tinta.

    ResponderEliminar
  5. Irimia.Cantareiras13/7/11

    Ola miguel!!
    somos Raquel e Laura, a verdade é que a nós ler gustanos pero...tampouco en exceso jajaja, pero, si temos que elexir tamén nos decantamos polo papel..co seu alor o novo, ou quizais a vello pero si con un olor peculiar.Un saudo, e nos temos un blog que se chama Irimia.Cantareiras. Somos un grupo de catro rapazas que nos dedicamos como o seu nome indica a cantar, pero cancións tradicionais coa axuda da pandeireta e o pandeiro..ainda que as veces lle metemos outros instrumentos ..asique se queres seguirnos adiante.

    ResponderEliminar
  6. Como non, cantareiras!
    Moito ánimo, tesón e sorte na vosa andaina!
    Queremos cante!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!