05/07/11

A negra lenda do espantallo

05/07/11

Desta vez, en lugar de a unha peli, convídovos a un corto que me gustou moito.

Apenas dez minutos bastarán para metervos de cabeza nun conto negro, triste e marabilloso do que vos vai costar saír... Varios premios internacionais avalan a calidade desta escura e inquietante historia de Marcos Besas sobre a soidade, a confianza, o medo, os corvos...

Recibe os contidos no teu correo

4 comentarios

  1. Un gran traballo de animación, para o meu gusto debería ser todo en 2D xa que lle daría un carácter máis triste, pero o resultado final non está nada mal. Os mellores planos nos minutos 7:57 e 9:00.

    ResponderEliminar
  2. Tomo nota, Duarte. Gustoume a elección da bufanda para o espantallo, que parece que remarca a sensación de debilidade e soídade fronte á inmensidade do vento. É incrible o que un pequeno detalle coma ese pode aportar a nivel visual. Imaxino que o traballo de animación desa prenda non debeu ser moco de pavo.
    A locución tamén lle cae moi ben.

    ResponderEliminar
  3. Sandra12/7/11

    Teño os pelos de punta,un nó no estómago e as bágoas a punto de derramarse polas meixelas.É impresionante,encantoume,preciosa historia,moi triste,pero preciosa.Agora cada vez que vexa un corvo ou espantallo lembrareime deste gran corto.Ademais de que a animación está xenial,o da bufanda e eses ollos tristes todo,a música,o locutor,un 10!

    ResponderEliminar
  4. Sandra non vas gañar para perruqueiros: vas sempre cos pelos de punta!
    Non me extraña que te sobrecollera, tamén eu agora vexo un espantallo triste onde só vía simples corvos.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK