23/06/11

Estado: durmindo, descansando pes, procesando

23/06/11

Despois de perder as unllas dos pes pateando Barcelona de cabo a rabo, e de durmir 18 horas seguidas nada máis chegar de volta, empezo a estar en condicións de reiniciar o meu compromiso con Caronte e con todos vós. E este reencontro pídeme pechar, co voso permiso, o capítulo Barcelona.

De todo o que vimos, (Gaudí, gótico, igrexas, teatros, auditorios, actuacións musicais, casas, rúas, prazas, parques, mercados,...) voume quedar con dos lugares. Por que? Porque están fóra dos circuítos turísticos, porque conservan un encanto especial que os fai diferentes, e porque teñen a virtude de sorprendernos coa súa Historia (como diría a inigualable María Jesús: que manía coa cultura!).



Falo do Refuxio 307 e da praza San Felipe Neri. O primeiro, unha rede de tuneis construída polos veciños para protexerse cando a aviación franquista bombardeaba a cidade. Un sitio e unha historia (moi ben contada, por certo) que che meten o frío no corpo. A segunda, unha praciña pequena e apartada na que, como dixo Jose, neva todo o ano, e na que todas as paredes aparacen rebentadas pola metralla da bomba que no 1938 matou alí a máis de corenta persoas. Un espazo que desprende un algo diferente... Calquera destes dous lugares demostra, unha vez máis, que o mellor de cada viaxe adoita aparecer alí onde non chegan os turistas. E hoxe alégrome de ter atopado eses sitios para compartir con vós.

Este capítulo non rematará sen dicir GRAZAS aos intrépidos 17 compañeiros de viaxe. Porque case perden os pés na aventura, porque nunca deixaron de sorrir, e porque fixeron que me sentira honrado e orgulloso de ter pasado pola súa vida. Quédannos moitas fotos. Pregúntome se, un día, esta nos servirá de espello ao que volver, cando queiramos lembrar entre risas o que vivimos xuntos... 


Recibe os contidos no teu correo

6 comentarios

  1. Marcela30/6/11

    Increíble a fotografía. Moi boa;)

    ResponderEliminar
  2. Grazas Marcela! É unha pena que non saiamos máis persoas nela...

    ResponderEliminar
  3. Marcela2/7/11

    Non creo que sexa necesario. Home, sempre é bonito verte nunha fotografía rodeado de toda a xente coa que compartiches o momento, pero deixa que a túa mente traballe por sí soa para recordar todos os istantes,persoas e anécdotas que vivixes ese día tan só observando unha pequena parte del. Eu non viaxei a Barcelona, mais teño a sensación de ter vivido unha gran experiencia con vós, tan só vendo esta foto.

    ResponderEliminar
  4. Que bonito iso, Marcela. Alégrome de que esta foto comunique tanto e tan ben.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo7/7/11

    A viaxe no lugar de ser a barcelona tiña ke ser hai 2 mesas a " la puerta del sol" que seguro que vos doian menos os callos e pasabades unha agradable estancia cos " indignados" je je je ali a cultura non vos abasallaria!!

    por certo o blog mola! moi currado! nn vale para calquera, digo pola pereza e tal... ajaia!

    !"·$%&/()=?¿MARÍA!"·$%&/()=?¿

    ResponderEliminar
  6. MARÍA! Bueno, custouche atopalo, pero o caso é que deches co blog! Tes toda a razón do mundo: a cultura avasallounos (pero con v) de máis en Barcelona... Non estaría nada mal esa estancia cos indignados!

    Mil grazas polas túas palabras: vindo de quen veñen, valen o seu peso en ouro...

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK